En dous minutos |?Unha programación cultural alternativa O local lalinense volta a programar un montón de actividades despois do parón do verán
26 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O Barriga Verde Café é ben coñecido pola actividade cultural e mesmo expostiva que desenrola ao longo do ano, pero en maior medida nos meses de outono, inverno e primaveira. No verán, os responsables do establecemento lalinense apostan por ralentizar a actividade que volta, novamente, a formar parte das fins de semán na capital dezá. Coa chegada das festas patronais das Dores xa se celebrarán dúas actividades: a actuación de Yoni Mediogramo o pasado xoves e a apertura ao público o venres dunha mostra de fotografía do lalinense Nico Aller Casares, a súa primeira exposición, froito do que captou a través do obxetivo da cámara nas súas viaxes. Xa para o vindeiro mes de outubro, o día 14, está programada a actuación de Mofa e Befa que virán a Lalín a presentarlle ao público o seu novo espectáculo. O polifacético actor Carlos Blanco tamén acudirá ao Barriga. «Non foi nada doado traelo de novo xa que deixou as contadas. Carlos está máis centrado no cine pero accedeu a vir a Lalín xa que garda boas lembranzas das súas actuacións aquí. Na súa axenda só tiña un oco o 18 de novembro e será cando o poidamos ver en directo», explica Carlos Montilla do Barriga Verde. Falando de contadas, as de Celsiño e Palitos que tamén voltarán ao local. «Unha das mellores actuacións da pasada tempada foi a de Fernando Palitos e Celso Fernández polo que lles pedimos que estiveran con nós. Presentarán novas historias e serán os encargados de poñer o broche de ouro á programación destes vindeiros meses xa que actuarán alá para o mes de decembro. O noso local sempe está aberto para os que teñan algo que dicir», apuntou Montilla.