Axuda solidaria

| VÍCTOR VÁZQUEZ GULÍAS |

LALÍN

DENDE O ORCELLÓN

01 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

COMO podedes comprobar amigos lectores, internet cínguenos moito. Xa sei que algúns de vos ledes os meus artigos fora desta nosa ben querida provincia, a todos os que o facedes dedico estas miúdas verbas para que eu sinta de preto o voso bafo. Empezo así para que tamén fagades caso a páxina que aquí vos relato: http://fatimagarcia.axudasolidaria.org, porque nesta paxina estase a facer todo o posible para colaborar cunha moza de Maside que necesita de todos nós, tanto dos de aquí coma dos de alá, xa que os ciberlectores tamén podedes poñer o voso punto solidario, a traveso desta páxina web. O caso, estou seguro, coñecédelo de sobra polos medios de comunicación. Precisa dun costosísimo tratamento para a súa enfermidade. E os que son de Ourense, Chantada, Lalín, Monforte, Pontevedra... poden disfrutar das numerosas actividades que se están a organizar para axudar a esta moza de vinte anos, que necesita, de verdade, de todos nós. Son moitos os artistas e famosos que están a colaborar por amor ao arte e á solidariedade. Sei de boa man que o reto que nos propuxemos e moi difícil, pero sei que todos cinguidos como arames, conqueriremos o obxectivo final que é a vida. Dende Maside ven e comproban que cada día que pasa e unha bafarada de alento, será porque hai moitos que turramos para xerar o osíxeno que nos mantén vivos, coma se fosemos un latexo embrionario. O pasado venres, 29 de jullo, celebrouse en Viduedo, en San Cristovo de Cea, un festival benéfico para Fátima García. Alí puidose aportar unha axuda solidaria ademais de divertirse coas numerosas actuacións dunha noite longa. Estade atentos a páxina web aqueles que non pudestes acudir a esa cita, porque haberá outros eventos ao longo de todo o que queda deste verán. Así que xa sabedes amigos ciberlectores que estamos esperándovos coas mans abertas.