As cadetes do Portadeza perderon en Redondela a volta da final de Copa

LALÍN

MARCOS MÍGUEZ

A S.A.R. xa vencera por seis tantos o partido de ida desputado no pavillón de Lalín O conxunto alevín volveu gañar de oito ao Porriño e segue nos postos de arriba da clasificación

25 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Era difícil, e ao final non puido ser. As cadetes do Portadeza viaxaron ata Redondela para desputar o encontro de volta da final de Copa e o resultado non lles foi favorable. Logo de perder de 6 na casa, as de Agustín Crespo caeron en Redondela pola mínima, 11-10. Durante a primeira metade do partido as do Portadeza, presionadas para remontar o marcador do encontro de ida, precipitáronse en varias das súas accións de ataque. Durante a segunda metade as de Crespo conseguiron irse ata de catro no marcador, pero ao final non foron capaces de lograr a victoria polos goles suficientes para facerse co campionato. Segue o éxito alevín Os que continúan nos postos de arriba da clasificación do torneo de Copa son os alevíns que adestra Félix Mojón. A súa visita a Porriño saldouse cun 0-8 que xa comeza a ser clásico nos resultados do Portadeza, e que os anima de cara ao final da tempada. Peor fortuna tiveron os infantís de Varela, que sucumbiron en Redondela por 11 tantos nun encontro pouco afortunado e que os deixa case sen posibilidades de cara á Copa. Tampouco conseguiron a victoria as xuvenís do Portadeza que perderon na casa 11-37 co Lavadores. O adestrador, David Carbón, só puido dispor de 9 xogadoras, entre as que non estaba Raquel, unha das anotadoras do conxunto, o que explica en parte o resultado.