Lalín, Callobre e Sporting, a emendar as súas derrotas

La Voz LA VOZ | LALÍN/A ESTRADA

LALÍN

26 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? Lalín de Román aspira hoxe a conseguir na Liga Nacional Xuvenil a súa primeira victoria en mes e medio a costa dun Porriño Industrial ao que avantaxa en 6 puntos e catro postos (Cortizo, 16.30 horas) . Iso si, terá que facelo sen tres importantes pezas, Javi López, Matías e Luis Carlos, convocados por Acevedo co primeiro equipo. Na Liga Galega Xuvenil, o Sporting Estrada recibe a un rival directo pola permanencia (16.15 horas) . E o Callobre viaxa a Dubra para medirse tamén a un contrincante polos postos altos da táboa. O Sporting vén de perder co Flavia (2-1) e o seu veciño acumula dúas derrotas consecutivas.