Martin continúa adestrándose co Lalín á espera da fallo do seu recurso

La Voz LA VOZ | LALÍN

LALÍN

12 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? central holandés Martin Wolfswinkel continúa adestrándose co primeiro plantel do C.D. Lalín. E así o seguirá facendo mentres agarda pola resolución da Federación Española de Fútbol ao seu recurso contra a negativa desta a validar a súa fichaxe polo club dezao, baseada nunha rigurosa aplicación do regulamento da Terceira sobre comunitarios. De feito, Martin disputou os 90 minutos do amigable do martes entre o Vilatuxe e Lalín (0-7).