Os pupilos de Bermés lévanse o derbi comarcal xuvenil (2-0)

La Voz

LALÍN

? Lalín impúxose onte no Manuel Anxo Cortizo por 2 goles a 0 ó Callobre, no agardado derbi comarcal da Liga Galega Xuvenil. Nun primeiro tempo de dominio alterno e escasas ocasións claras de gol, os pupilos de Luis Bermés encarrilaron o choque cun golazo de Javi. Corría o minuto 35 cando o xogador roxinegro enganchou de chilena un balón sen aparente perigo nunha das esquinas da área grande estradense. O balón cruzouna e rematou entrando pola escadra para regocixo dos afeccionados locais. No segundo tempo o Lalín dispuxo das opcións máis perigosas de cara a portería. Entre elas, unha de José Luis ó cuarto de hora da reanudación, que supuxo o definitivo 2-0. Resultado que confirma unha semana máis o cadro roxinegro como líder do seu grupo e profundiza a grave crise do Callobre.