Lalín formou a setenta monitores de tempo libre

Amelia Ferreiroa lalín

LALÍN

El cronómetro | Xuventude programa novos cursos formativos Na OMIX de Lalín ábrese mañán o prazo de anotación para os interesados

31 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Lalín é un dos Concellos da comarca que máis se está involucrando na formación de monitores de tempo libre. Alá polo ano 1991 celebrarase na capital dezá o primeiro curso destas características no que se formaran monitores pero tamén directores de tempo libre. Unha actividade formativa que se retomou en anos posteriores aínda que cursiños de directores non se voltaron a facer dende entón, lembra Julio Varela. Agora, todos aqueles que seguiron as ensinanzas precisas e obtiveron a súa titulación de monitores, terán a posibilidade de acadar o título de director xa que, dende a Concellería de Xuventude do Concello de Lalín, estase a programar un cursiño de director de tempo libre e outro de monitor, para os interesados en iniciarse nesta disciplina. Ó longo destes últimos anos, Lalín formou a setenta monitores en tempo libre «aínda que só unha trintena están en activo á hora de tomar parte nas actividades que se veñen celebrando, como son por exemplo, os campamentos. Isto obedece fundamentalmente a que moitos dos monitores, que posúen o título correspondente, están traballando e non poden desenrolar a súa labor de monitor ou de director», puntualiza Julio Varela. Os novos cursos formativos de monitores e directores de tempo libre comezarán a mediados de marzo pero, dende mañán luns, ábrese o prazo de anotación para os interesados na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lalín (OMIX). Prazo que se manterá aberto ata o vindeiro 4 de marzo para todos aqueles xóvenes maiores de 18 anos que desexen tomar parte nestas actividades. «Os lalinenses terán prioridade á hora de participar pero os cursos están abertos a calquera persoa interesada da comarca», matiza Varela. Cursos formativos que teñen prazas limitadas, en ámbolos dous casos, a un máximo de 25 persoas polo que se terá en conta a orde de inscripción dos participantes que desexen asistir ós cursos.