O viveiro de Mouriscade, no que traballan varios mozos disminuidos psíquicos, é unha das alternativas laborais que iniciou Aspadeza en Lalín
26 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Aspadeza, a asociación de pais de disminuidos psíquicos, organiza actividades de integración para os rapaces disminuidos tanto de ocio como laborais. Dende ir de excursión ata aprender a nadar pasando por buscar unha alternativa de emprego como o viveiro de Mouriscade, son algunhas das inciativas que leva a cabo a asociación. Javier Brandido, que preside a entidade, é o monitor das actividades do viveiro, ademais de psicólogo e asesor de pais e rapaces. -¿Como lle xurdiu formar parte de Aspadeza? -Traballei de psicólogo xa no instituto onde dou clases. Entrei en Aspadeza para axudar tanto ós rapaces como ós pais. Fago labores de monitor, de psicólogo,... é dicir colaborar para que os pais dos disminuidos o teñan máis fácil e os rapaces se integren. -¿Que actividades de ocio se levaron a cabo nestes meses de verán? -Fixéronse excursións á praia, á piscina e fixéronse xogos, entre outras actividades. Foron tanto saídas de medio día, se eran na zona, como de días enteiros se era á praia ou lonxe de Lalín. -Ademáis de desenrolar estas actividades, Aspadeza ten como obxectivo a creación dun centro ocupacional na comarca, ¿Como van os trámites? -Estamos intentando que se ubique en Mouriscade, agora que se está construindo a área recreativa. -Vostede é o monitor das activides que se realizan no viveiro, ¿De que se ocupan os rapaces? -Traballan moito. Arrancan as malas herbas, prantan... é unha alternativa laboral moi boa para eles. -¿Cantos rapaces participan no viveiro? -Están traballando arredor de 10 rapaces.