A Algarabía de Lalín celebra esta ano a súa dezaoito edición cun programa cheo de sorpresas
22 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O Naranxo, organizadora da Algarabía, non conta nesta edición con ninguna subvención oficial para o seu desenrolo polo que os organizadores pídenlle ós voluntarios «que se rasquen un pouco o bolsillo e merquen os bonos de un euro que lles permitirá participar na sardiñada», que se celebrará esta mesma noite. A Algarabía de Lalín volta, un ano máis, a súa cita. A Asociación Cultural é unha festa. Troula para cativos e maiores. Juan Nela foi o encargado de dar lectura onte ó pregón da edición número 18 da Algarabía despois de que se cambiara, como é tradicional, o nome da praza Calvo Sotelo polo da praza das Pipas. Houbo «nocturnos». A festa comezou. Nembargantes, o día grande da Algarabía é hoxe e os máis madrugadores poderán presenciar a coñecida «corrida da estradense» que farán Toñito e Fernando que, segundo a organización, forma parte da súa preparación para os Sanfermíns. Ás once da mañá comezará a primeira xincana e despiste para cativos na praza das Pipas e posteriormente saída da clásica Lalín-Emplame-Lalín para vehículos non contaminantes e adornados. Por segundo ano consecutivo, ás 13 horas, celebrarase o campionato de pañuelos entre os equipos da Asociación Cultural O Naranxo e representantes da prensa local. O acto será diante do bar Matelo e estará amenizado por vellas glorias musicais da vila. Os xogos populares, ós que están convidados tódolos interesados, comezarán ás 15.30 horas e, ó mesmo tempo, haberá unha sesión vermú. Merenda tropical Xa pola tarde, o programa de actividades arrancará coa presentación da compañía Cha Cha, do obradoiro de títeres do Mueso Galego da Marioneta, que porá en escea a súa primeira obra no Museo Aller Ulloa ás cinco da tarde. Haberá merenda tropical no parque de Loriga media hora despois. A partires das 19 horas entregaranse os premios do segundo Certame de Literatura Urinaria e comezará o primeiro Concurso Comarcal de Liado de Petillos, unha das novidades da Algarabía. Coas lumeiradas de San Xoán e unha gran sardiñada, a partires da media noite, rematarán os dous días de festexos desta edición da Algarabía de Lalín.