Os doce xóvenes premiados no concurso de relato curto recolleron os seus galardóns no Museo Ramón Aller
17 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.O Museo de Lalín acolleu onte o acto de entrega dos premios de relato curto Varela Buxán. Os gañadores recolleron os diplomas e premios económicos. Primeiro tocoulles o turno ós galardonados na categoría de 12 a 14 anos: Débora Pichel (Atrapados en Exipto), O Home da noite (Isabel Rodríguez), e O misterio da adopción (Ana Pedrouzo). As mencións especiais foron para Alba Taboada (Toleadas e agarimos anda no camiño), Laura Galego (Encontro coa vida), e Yanira Fernández (O encontro). Na categoría de 15 a 18 anos recolleron os seus premios Raquel González (Simplemente realidade), María Pilar Vence (De como e por que matei o meu amigo Ero), e Vanesa Loureiro (A decisión da fada). As mencións especiais foron para Sara Arias (Cousas), Iago Mouriño (Sociedade anónima), e Iago Payo (Deixame en paz).