03 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O CEIP Nosa Señora das Dores celebra o vindeiro sábado 14 o seu 50 aniversario cunha xornada de portas abertas que incluirá actividades lúdicas, música e unha homenaxe conmemorativa. A partires das 10.00 haberá un roteiro polo centro, xogos tradicionais e a actuación de CE Orquestra Pantasma. Tamén tocará a Banda de Gaitas de Forcarei e as pandeireteiras Lus de Keikoa.