A Real Academia Galega explica en Dozón como manter viva a toponimia local

d. c. LALÍN / LA VOZ

DOZÓN

24 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Este venres a partires das 17.00 horas o consistorio de Dozón acolle unha charla promovida pola Real Academia Galega a Secretaría Xeral da Lingua sobre a toponimia. Neste acto, no que participará o rexedor local, Adolfo Campos, e o coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, explicarase o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada, destinada á recolleita da microtoponimia galega e da tradición oral vencellada a ela.

Ademais da formación práctica sobre o funcionamento desta aplicación, na parte final do relatorio darase a coñecer a orixe e significado dos nomes das parroquias de Dozón, unha sección que conta co apoio na investigación destas etimoloxías do académico e profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Navaza. O propio nome do concello será un dos protagonistas da charla.