03 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Impulsada por Namoreiras, onte arrancou en Terreboredo, na parroquia estradense de Souto, a feira de produtos O Mar en Terra que conta cun amplo programa de actividades que continuará hoxe. Onte houbo mercado artesán, actuacións musicais e presentacións. Entre elas as da revista Nova Ardentía, do álbum ilustrado Nao Cetácea ou un libro sobre Plantas medicinais e remedios curativos de etnobotánica galega. foto Miguel Souto