O festival Converxencias leva a Braga Os seránse de Vilancosta»

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

17 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A décimo segunda edición do Festival Converxencias, co que a Xunta de Galicia reforza os lazos coa lusofonía, levará este ano a Braga o espectáculo Os Seráns de Vilancosta, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e o grupo Tequexetéldere. A peza, que repasa a traxectoria artística e persoal da poeta Avelina Valladares, poñerase en escena o vindeiro 21 de febrero ás 21.30 horas no Auditório Vita de Braga.

O festival, presentado onte polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, incluirá daquí ao 15 de marzo un total de 16 actividades que abranguen concertos, teatro, cinema e poesía en Braga, Padrón, Ponteareas e Santiago.