A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a quinta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da dirección xeral de Cultura. Os orixinais deben estar escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico fundación@neiravilas.gal, seguindo as indicacións recollidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. Os interesados teñen de prazo ata o 20 de abril para facer o envío. E o premios entregarase o 24 de maio. O galardón ten unha dotación de 1.000 euros. A obra gañadora será publicada por Edicións Embora.
Con esta iniciativa, preténdese dende a Fundación atender unha certa carencia no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para nenos e nenas. A imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista, falecido fai agora un ano, Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo. Foi deseñador de Sargadelos e formou parte do Padroado da Fundación Neira Vilas