A Fundación Xosé Neira Vilas anunciou o título da obra gañadora do premio Arume de Poesía para a Infancia. Salientou o traballo do ourensán Paulino Peña Álvarez, Poemas con alas. O xurado valorou positivamente o interese do autor por «espertar o gusto pola poesía, e, nomeadamente, polos poetas galegos, pois parte de fragmentos de creacións destes autores e autoras como entradas aos seus».
Tamén destacou «a súa musicalidade, un ritmo poético moi conseguido» e «unha destacada carga visual», entre outros asuntos técnicos que fixeron o traballo desde mestre xubilado e licenciado en Filoloxía Galega e Filosofía e Ciencias da Educación.
A entrega do premio será o vindeiro venres ás 17.00 horas na sede da fundación en Gres. Alí tamén se presentará o libro premiado na pasada edición, Latexos, de Beatriz Dourado.