Vilatuxe celebra o 30 de agosto a Festa do Río

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

16 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro sábado 30 de agosto a parroquia lalinense de Vilatuxe celebra a Festa do Río, que terá lugar na praia fluvial Pozo do Boi. Será a partires das 13.00 horas e haberá unha sesión vermú amenizada por Shot. Haberá unha comida popular por 25 euros cun menú composto de empanada, churrasco, entremeses, postre e café. Ademais, actuarán Mekanika Rolling Band, DJ Markos Kintana e DJ Pacheco. Os tiques poden conseguirse no Bar do Río, A Robleda e no 617 089 000.