Na fin de semana do 3 e 4 de mauo celebrase en Terreboredo, na parroquia estradense de Souto, unha nova edición de O mar en terra. O sábado comezará o encontro ás 12.00 horas cun coloquio sobre Virxinia Pereira con Montse Fajardo, Cris Iglesias e Rosa de Cabanas. Ás 13.00 haberá un homenaxe ás cantareiras, con Uxía Senlle e despois haberá música da terra con Son da Ilha.
Logo dun xantar popular celebrarase un espectáculo de pintura en directo con Xosé Iglesias e unha mesa de debate sobre o presente e futuro do mar. A actuación de De Tazas e unha foliada porán o punto e final ao primeiro día.
O domingo haberá unha presentación de embarcacións tradicionais, unha charla do Pai Merino; músicas da terra cos gaiteiros de Barbude e pandereteiras de Couso e unha sesión de traballo colectivo. Todo isto de 12.00 a 17.00 horas.
Tamén contarán con un mercado artesán en obradoiros para as crianzas.