Festa do Xabarín en Ribela

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

14 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia estradense de Ribela celebrou onte a súa xa tradicional Festa Gastronómica do Xabarín, que congregou a unha multitude de persoas nunha carpa xunto á igrexa. Organizada pola Comisión de Festas de Ribela e a Peña O Colmillo, este xantar correu a cargo do Grupo Valenciaga, nun menú con carniñas mexicanas de xabaril, polbo á feira e xabaril guisado. Tamén houbo actuacións musicais a cargo do Dúo Arco Iris e El Bochinche.