Candela Agra Otero gañou o certame Presume de Lingua

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

CEDIDA

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Silleda conmemorou o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios do certame de vídeo Presume de Lingua, convocado entre a mocidade do concello para poñer en valor o galego e a figura de Luísa Villalta.

En total presentáronse 20 traballos ao concurso. O xurado e o apoio de cada proposta na conta de Instagram do Concello dirimiron que a gañadora fora Candela Agra Otero por O misterio das Letras Galegas. O segundo foi para Samara Vidal Franco por Si, somos galegas e o terceiro recaeu en Sandra Iglesias González por Aínda que nos odien. Os premios consisten en vales para consumir en establecementos do municipio.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández agradeceu a implicación do instituto Pintor Colmeiro, de onde proviñan todos os traballos.