115 razóns para mercar na Estrada no Nadal

La Voz

DEZA

E. Cuiña

20 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O CEIP do Foxo presentou onte a novena edición da súa iniciativa Bicos a moreas, que contribúe a fomentar a presenza do galego no ámbito empresarial e comercial. Faino co deseño de adhesivos decorativos para os paquetes do Nadal con debuxos e lemas creados polos nenos do centro. Este ano hai 115 distintos, un por neno. «Grazas por quererme», «Es un sol», «Apertas» ou «Quérote un mundo» son algunhas das mensaxes que poderán atoparse este Nadal nos paquetes dos comercios da Acoe e da ACE. Imprimíronse 15.000 adhesivos. foto e. cuiña