Para poder asistir ás actividades programadas na Gargalleira será necesario facer unha reserva, xa que hai un control de aforo polas medidas covid. O importe da reserva será testemuñal e a entrada será «a billeteira inversa». Isto quere dicir que o importe decidirao cada asistente ao rematar o evento, segundo valore a súa experiencia.
O nome da finca ten varios significados, entre eles «manancial» e «terreo con gromos de carballo». A Gargalleira ten río, mananciais soterrados e carballos gromando a cada paso. Foron terras do pazo de Trasfontao, que se atopa ao leste do prado. A familia rematou por vendelas e, tras pasar por varias mans, acabaron nas de Llerena e Andrés. Así comeza a ser un espazo adicado á cultura do apego á natureza e a tradición.