Entrega dos premios San Martiño

La Voz

DEZA

miguel souto

13 nov 2020 . Actualizado a las 22:21 h.

O teatro Principal da Estrada acolleu onte a entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística, nun acto a porta pechada. A finais de outubro dábanse a coñecer os gañadores desta edición, a Asociación Cultural Vagalumes e a agrupación musical A Banda da Loba. Na súa intervención, a representante de Vagalumes no escenario reivindicou que o Concello da Estrada aposte máis pola normalización lingüística e apuntou ao proxecto a concurso coas bases en castelán. foto miguel souto