Concurso Balbino de relatos

DEZA

Cedida

06 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Neira Vilas acolleu onte a presentación nunha nova edición do concurso Balbino de relatos promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe SL e Edicións Fervenza coa colaboración da Fundación con sede en Gres (Vila de Cruces), da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Silleda, Boqueixón e Vila de Cruces.

O certame está aberto a todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten os seus traballos escritos en lingua galega. Nas bases esíxese que a motivación temática dos textos sexa o rural, o mar e a emigración. O relato ou serie de relatos que se presenten con estas temáticas poden ser reais ou ficción. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e de autoría propia do autor. Pídese que os traballos conten cunha extensión mínima de 100.000 caracteres con espazos e unha máxima de 180.000. Establécese un único premo de 1.500 euros, suxeito ás obrigas tributarias correspondentes. A obra premiada será publicada por Edicións Fervenza e os interesados teñen de prazo ata o 30 de xuño deste ano para presentar as súas obras.

A organización estima que a entrega do premio terá lugar no último trimestre do ano. A presentación desta nova edición tivo lugar onte na Fundación Neira Vilas onde se deron cita o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Neira e o responsable de Edicións Fervenza, Manuel Núñez, entre outros, entre eles os representantes dos concellos colaboradores.