Luis Zahera abre o Deza Comedy

amelia ferreiroa

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

13 ene 2020 . Actualizado a las 22:22 h.

Recycling Bicicletas Solidarias, unha iniciativa posta en marcha polo lalinense José Luis Pereira «Seixo», segue dando pasos no proxecto que naceu meses atrás para otorgarlle a velocípedos gardados en palleiras e alpendres unha segunda vida. Unha recollida que comezou con certa timidez pero que se materializa na actualidade nunhas 400 bicicletas recollidas por distintos puntos non só da comarca dezá senón de toda Galicia. Agora toca trasladalas aí onde máis se poden precisar; caso de Marrocos, Guinea Bissau ou aos campamentos de refuxiados de Tinduf. «Nalgúns caso enviaranse a través de colectivos que operan nesas zonas e noutros queremos ir persoalmente», apuntaba Pereira. Co gallo de facer fronte aos gastos derivados dos futuros desprazamentos que se pretenden realizar comezan en Lalín o vindeiro día 18 un ciclo de monólogos baixo o nome de Deza Comedy. O actor Luis Zahera será o encargado de abrir a terna de artista que se subirán ao escenario do auditorio municipal. Zahera, que repasará anécdotas, viaxes, traballos, amores familia e por suposto o seu triunfo nos Goya, conta xa con 140 entradas vendidas para un espectáculo que se agarda colgue o cartel de cheo. Miguel Lago, Carlos Blanco e El Sevilla son os seguintes monologuistas que tomarán parte neste ciclo, que organiza a Productora Pares o Nones, e cuxos prezos oscilan entre os 10 e os 12 euros. «Unha boa ocasión para pasalo ben, divertirse e colaborar cunha boa causa», apunta Pereira.