Cada día contigo

Luis Rodríguez Taboada, In Memoriam


Sempre diciamos que eras tan grande coma bo. Que non servías para xefe de estudos porque non eras quen de enfadarte. Pero vaia se servías! Alumnado e profesorado adorábate. Dabas miles de oportunidades, estas que a ti che foron denegadas, porque a morte non quixo darche nin unha pequena tregua, esa que podía advertirche que nos rondaba pero que aínda podiamos seguir canda ti. Quedamos un pouco máis orfos no noso camiñar, quedamos sen ese «osiño de peluxe» xigante que adoitabamos dicir que eras.

Agora, os corredores do IES non contarán os teus pasos, a biblioteca permanecerá agardando a túa visita para facer os sudokus, para corrixir exames, para contar que ías facer a recuperación da recuperación da recuperación ... Entrar no vestíbulo mirando a porta de enfronte, sempre aberta, sempre disposta a nos recibir, a nos escoitar, xa non será posible. Imposible entrar na cafetería para meternos contigo e o teu «colacao». Imposible que a vida siga igual. Toda a comunidade educativa botará en falta a túa bonhomía e a túa capacidade infinita de perdoar.

Esta vida tan inxusta foino o luns máis ca nunca. Non hai neste mundo tantas boas persoas coma ti. Agora, só temos o teu recordo. Inconmesurable e agradecido.

Eu quedo co teu último sorriso pícaro de tarde de fútbol. Quedo coa nosa mesa arredor da tortilla e as nosas conversas. Quedo coas nosas reunións bibliotecarias dos luns polas tardes. Quedo con ese amor que derrochabas para a túa familia. Quedo co teu exemplo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Cada día contigo