«Todo lalinense asume a Feira do Cocido como algo seu, únenos»

Olimpio Pelayo Arca Camba
o. p. arca LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

Francisco Vilariño suliña a importancia de incorporar cada ano novidades para ter constantes atractivos que animen a vir a Lalín

27 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Temos potencial e recursos para que o turismo sexa unha das patas da nosa economía»

Vilariño Taboada aposta polo turismo como unha pata máis da economía lalinense.

-Lalín está rentabilizando o esforzo e inversión que se fai desde a concellería de Turismo?

-Eu penso que si, e creo que os datos falan por sí sos. Por exemplo as cifras das visitas a unha xoia que temos como é o pazo de Liñares, que se recuperou polo anterior goberno, que cando asumín esta área nos marcamos que tiña que poñerse en valor. E vimos como medraron exponencialmente as visitas ata bater todos os récords en 2018. Está o número de peregrinos que atravesan e pernoctan no Concello, sexa no pabillón, albergue e establecementos privados. Ou liñas de variedade e diversificación como as autocaravanas. Todo suma, e os datos están aí, e a xente percíbeo: xa non é raro ver como forman parte da paisaxe do rueiro peregrinos. Hai cinco anos non era posible.

-Entre as propostas turísticas, o Camiño de Inverno?

-É unha aposta fundamental, clara, na que imos construir no Rivero que acaba de comezar a derrubarse un albergue de peregrinos, que é unha aposta estratéxica clarísima por meter no casco urbán aos peregrinos, co conseguinte movemento económico que conleva. Polo tanto, eu creo que temos moita variedade, moitos recursos e moitísimo potencial. O turismo ten que ser unha das patas da economía do noso concello: eu acredito niso porque acredito nos potenciais e nos recursos que temos para que iso sexa unha realidade.