A parroquia silledense reunirá mañán a unhas 500 persoas na sexta edición da Festa dos Callos e da Foliada da Pereiriña
13 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.A falta de contabilizar as últimas entradas vendidas, que aínda de seguro se dará ao longo desta xornada, os organizadores da sexta edición da Festa dos Callos e da Foliada da Pereiriña de Ansemil-Martixe contan manter cando menos o mesmo volume de comensais que o ano pasado. «Entre 450 e 500 persoas é a previsión de asistencia existente coa particularidade de que este ano a festa suscitou interese en Pontevedra e Coruña, polo que se agardan comensais desas vilas», explica Ana María Guzmán dende a organización do evento.
A asociación de veciños e á da Pereiriña son quenes un ano máis deseñaron un día cheo de troula e gastronomía que comezará ás 13.30 horas coa actuación do grupo de baile Aires do Trasdeza e do Grupo de Acordeóns acompañado polo Coro Voces da Terra. Despois chegará a comida a base de empanada, callos, bizcoito de iogur, bebida e café; que ten un prezo de 12 euros para adultos e de 5 para os rapaces de 6 a 12 anos, ao que lle seguirá a actuación dos grupos convidados: Pandereteiras A Xariza, Os Charabiscas, Xirandola, Pao de Buxo, Aires do Trasdeza, O Son da Fervenza, Grupo de Acordeóns, Coro Voces da Terra, Gaiteiros da Pereiriña e o Dúo Punto Cero.