Mario Rodríguez foise coa choiva e o vento

Manuel Estévez

DEZA

07 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Cabelo longo, liso e prateado, gustáballe tomar o sol na tumbona instalada na eira centenaria rodeado dos cans. No eido da Agustina, onde outrora chegaran as pedras procedentes de Portugal, aquela casa que fora construida para xornaleiros e empregados. Nese lugar envolto en mil especias aromáticas, entre viñedos e árbores frutais, ollando as torres do Santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró e os montes de Portugal, ía aproveitando as raiolas do sol Mario Rodríguez, no mesmo escenario natural onde recibía intelectuales, amigos daquí e dacolá para compartillar conversas debaixo do emparrado, arredor da mesa granítica que colocara Antúnez Pousa, e entre grolo e grolo, de caldos engarrafados na adega da casa de Centinela, a mesma, onde durante anos houbo cadeiras personalizadas, entre elas a do seu inseparable escritor Eliseo Alonso ou Seito como él o chamaba.

Faladoiros que continuaban no estudio, repleto de obras, tanto da súa autoría como de artistas amigos de aquí e dacolá, falando de si mesmo, a veces con caácter forte e arroutado, viaxando desde a infancia ata os días estremecedores vividos en primeira persoa ou de acontecementos mais entrañables de alen mar con o máis preciado da intelectualidade galega que o acollera no outro lado do Océano.

Mario deixóunos no primeiro día do ano. Foise ca choiva e o vento, mais fica unha memoria histórica, vivida en primeira persoa xunto cos seis pais inolvidables , Paco Rodríguez Otero e Isaura Gómez, agraristas, políticos, pintores, escultores, escritores, voces prestixiosas, daquí e alen mar.

Foi a encontrarse con eles e Blanco Amor, Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo, Manuel Colmeiro, Paz Andrade, Xavier Pousa, Sevillano, Piñeiro, Abreu Bastos, Mario Granell, Virxilio, Alonso Ríos, Eliseo, os irmáns Ruibal, Mercedes e Xosé, Alfonso Daniel, entre outros camaradas que fixeron moito pola cultura de Galicia. Coa bisbarra do Deza foi xeneroso, deixando obra no Museo Municipal de Lalín e tamén na Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño.