«É un rival importante pero estamos preparados para gañar»

P. V. A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

miguel souto

«Este é un partido de 180 minutos, o que temos que facer é gañar e esperar a ver o que pode facer o Bouzas»

04 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Nos o ano pasado a esta altura estabamos pelexando por non descender a Primeira, esperando que Boiro ascendera... e nun ano a situación do Estudiantil si cambiou moito». Recorda Gelucho o técnico da Agrupación Estudiantil que esta tarde recibe (18.00 horas) ó Arenteiro no primeiro partido da fase de ascenso a Terceira. Un camiño longo que pasa por eliminar o Arenteiro e agardar que suba a Segunda B o Rápido de Bouzas..

-¿Como están os ánimos?

-O equipo está ben. Pelexou ata o último minuto para quedar de segundo pero o rival fíxoo ben e nos fomos capaces e meternos na promoción a hai que empezar a ganar, é a clave. É un rival importante pero nos estamos capacitados para poder ganarlle como lle ganamos a outros equipos importantes da categoría.

-Gañar non garante subir, ¿depender do Rápido inflúe?

-Non inflúe. Unha das posibilidade que quedan é ganar e esperar e é o que temos que facer. Vai ser un partido difícil, complicado, e o importante e tratar de ganar esta eliminatoria e esperar a ver o que pode facer o Bouzas. Se no ganas y xa non tes posibilidades.

-¿Terán que xogar dous partidos a tope non?

-Vai ser un partido de 180 minutos e o máis importante nestas eliminatorias e non encaixar goles na casa. O rival é un equipo duro e perigoso a nivel parado pero a clave é que sexamos fortes na casa e xogar con moita cabeza sabendo que quedan moitos minutos por diante.

-Valore o Arenteiro e ¿que ten que facer o Estudantil para gañar?

-É un equipo moi poderoso sen balón. Normalmente defende ben, son agresivos, intensos e teñen envergadura. Vive máis dos fallos que poidamos cometer nos, un equipo de contraataque, e son moi fortes a balón parado. Nos temos que evitar perder balóns no noso xogo combinativo e evitar faltas e córners que neso son fortes e imos ter que estar moi atentos para que non rematen.

Igualados a puntos o remate da Liga, parecen dous equipos moi equilibrados ...

-É a situación que se da. Os equipos son moi parellos, con xogadores con experiencia en categorías superiores e a igualdade é máxima, aínda que a nivel de xogo somos diferentes a eles, nos buscamos resultados mediante a posesión de balón pero as plantillas de xogadores son bastante parellas. Temos que explotar as nosas virtudes e intentar que o rival non o faga.

-¿Qué nomes destaca deles?

-Rubén Arce xogou en Segunda B e Terceira, igual que outros de medio campo para arriba, centrais como Martín e Adrián Padrón, que coñezo persoalmente, teñen experiencia na Terceira, un medio punta que xogou no Barco... xogadores con experiencia, pero estes partidos son outra historia e terao mellor o que mellor o sepa levar e controlar

-¿Cómo está o equipo?

-Ben con moita confianza. Entrenou moi ben pola semana e trataremos de xogar coa máxima tranquilidade posible.

-¿Que baixas ten para este partido?

-Matelo e Mateo que xa son lesionados de larga duración

«Nós é raro que cambiemos de maneira de xogar, xoguemos onde xoguemos»

En partidos coma o de hoxe xógase tamén na grada. Haberá ampla presenza local pero tamén visitante. Gelucho pono en valor.

-Gústame que haxa xente na grada e tamén ós xogadores. Un bo ambiente sempre é bo para estas categorías e para os xogadores igual. É mellor ver campos de fútbol cheos de xente que baldeiros, e ten que ser unha motivación e unha experiencia máis para os xogadores xoves que temos empezar a xogar estes partidos porque cando estás arriba tes que xogar partidos determinantes. Esta promoción vaille dar experiencia.

-No partido de volta o campo distinto ¿será determinante ?

-Nos é raro que cambiemos a nosa maneira de xogar xoguemos onde xoguemos. Depende do resultado na casa, se é positivo non hai que cambiar e se non igual temos que facer máis cousas, pero fora deso aínda que haxa tres mil persoas na grada non cabiamos maneira de xogar. Na casa creo que nos levaremos a voz cantante e a posesión e eles vivir dos nosos erros.

-Manel, o técnico rival, destacou o seu labor..

- Eles tamén fixeron unha campaña extraordinaria. Eran equipo con obxectivo de estar arriba e estiveron. Reforzáronse en decembro pero pequenos detalles non te deixan conseguir o obxectivo, pero fixeron gran campionato. Nos máis que labor miña é do compromiso dos xogadores. O corpo técnico, Blanco, Pachi e eu, estamos moi satisfeitos do seu traballo e contentos, o obxectivo inicial era non descender.