Festa rachada para choferes e peóns en Agolada

M Garabantes

DEZA

Rober Amado

27 jul 2014 . Actualizado a las 08:00 h.

1Bo tempo, un sol de verán e unha lixeira brisa. Que máis se pode pedir para a celebración dunha festa como a dos Choferes que onte en Agolada reuniu a varios centos de veciños e visitantes na carballeira da Zanca. Unha celebración con premios as mellores carrozas. Á posta en escena contribuíu o bo humor dos seus pilotos e acompañantes que levaron a festa polas rúas de Agolada. A celebración comezou cara ás doce do mediodía. Foron os regueifeiros, o xordo e o caco que onte participaban na festa e nos que a comisión delegou, os encargados de decidir os premios. Ningunha das seis carrozas que concurriron o certame quedaron sen galardón.

Premios para todos

os participantes

2O primeiro premio for para a carroza da Feira do 12 que levou 150 euros en metálico. O segundo foi para os Altos Fornos de Vilariño, a que lle corresponderon cen euriños e o terceiro para oito apelidos raros, que pretendía ser unha recreación da película Oito apelidos vascos. Na carroza mesturábanse fans do Atlético de Bilbao e andaluces con guitarra e caravel que foron premiados con oitenta euros. O carto premio foi para Monarquía ou República no que non faltou a recreación da Coroación e que levou sesenta euros. O quinto, con cincuenta euros foi para un vistoso poboado africano e os vinte euros do sexto para Halloween.

Bendición e desfile

3Os vehículos e carrozas foron bendicidos ao pé da igrexa para logo comezar o desfile recorrendo a travesía de Agolada ata chegar a carballeira. Alí agardaba a música e a comida con polbo e churrasco por encarga.

Música e diversión

4A última hora da tarde, varios centos de veciños desfrutaban aínda de unha festa que se había de prolongar ata a madrugada. O longo da xornada tocaron Bico da Balouta, a Banda Xuvenil de Antas de Ulla, as charangas Chiringota e Os Ardores e o grupo Orquídea na verbena.