A Anpa mantén dende o 2008 actividades extraescolares para cativos do centro educativo
22 jul 2014 . Actualizado a las 08:00 h.Foi toda unha novidade no seu momento e continúa a selo. O programa de conciliación Voltereta, posto en marcha dende a Anpa do CEIP Xesús Golmar de Lalín no ano 2008, é unha táboa de salvación para moitos pais. «O que ofertamos é un servizo moi versátil. Os pais poden facer uso do mesmo segundo as súas necesidades», quen define dese xeito o programa é a presidenta da Anpa Elena Buceta.
Versatilidade dun programa de conciliación que se basea nunha ampla franxa horaria de atención aos menores, que abrangue dende as 7.30 da mañán ata as oito da tarde no verán. «O ano pasado, nos meses do verán, atendíanse os rapaces ata as 21.15 horas pero nesta ocasión é só ata as oito da tarde xa que as necesidades dos usuarios deste programa van ata esa hora. É un programa flexible que está pensado para dar resposta a unhas necesidades». Outro dos éxitos deste programa é que funciona todos os días do ano agás os festivos, e cada quen o pode usar segundo a necesidade que se lle presente. «Contamos con corenta chavales nos meses de verán e son, en moitos casos, habituais destas datas. É unha cifra que se duplica ao longo do curso académico».
Un programa no que, mesmo en verán se lle adica un tempo a tarefas escolares, pero maioritariamente se prantexa case coma un campamento nestes meses veraniegos. «Chamámoslle campamento por aquelo de diferencialo respecto do resto do curso e se aproveitan os días de sol para estar fóra e manter contacto co pobo, facer algunha saída... Este ano estase a traballar a temática da horta, despois de que en pasados veráns se centraran as actividades na educación vial e en cuestións artísticas. A profesora do programa en Semana Santa nos comentou a posibilidade de dispoñer dunha horta e nos puxemos a elo. Fixemos unha solicitude ao concello e nos axudou a materializar o proxecto, que xa está en funcionamiento». Deste xeito os cativos están aprendendo a prantar pero tamén adquiren nocións respecto dos alimentos saudables; todo sen esquencerse de dárlle un repaso ás matemáticas, lingua e ciencias. «Hai tempo para todo e tamén para facer algunha saída. Estivemos o venres na Casa do Queixo, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, e en agosto haberá unha excursión a Mouriscade, coñeceran o club hípico, tamén se realizará a ruta dos muíños por Mouriscade e haberá un desprazamento ata a Casa do Patrón, en Doade». Un programa que se mantén activo ata o inicio do vindeiro curso.