Na Uned impartirase esta tarde un curso de iniciación sobre este método que conta con máis de 700 profesionais
19 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.A silledense Yolanda Villar, Máster Coaching con certificación internacional e Global Manager de la Escuela Europea de Líderes en Galicia, Asturias e Castela León, será a encargada de impartir esta tarde (16.00 horas, Uned Pontevedra) un cursiño de introducción a esta metodoloxía. Ensinanzas que se transmitirán en directo e con interacción para a aula da Uned de Lalín.
-Non cabe dúbida que o coaching esperta interese. Só hai que ollar o número de inscritos...
-A cifra é tremenda. Había 140 prazas dispoñibles e 128 xa estaban hoxe -por onte- cubertas. Non se esperaba unha afluencia tan masiva pero iso demostra que suscita interese.
-Falamos dun curso introductivo, ¿non?
-É así. Trátase de explicarlles aos asistentes que é o coaching, para que serve o método e resaltaremos as habilidades de cada persoa para axudarlle a ser líder na súa profesión. É un curso que vai dirixido a empresarios, executivos, comerciantes, abogados, psicólogos, pedagogos...
-Os sectores produtivos están pasando por tempos duros, ¿que papel pode xogar o coaching en todo isto?
-Estamos nun cambio de era. Hai que facer fronte aos tempos que se viven. É momento de cambiar a perspectiva malia que os cambios custan pero non é o momento de estancarse. O noso traballo consiste en que a persoa consiga dar o 100% do seu rendemento. O coach é un entrenador. Somos quenes acompañamos a unha persoa na súa traxectoria dende o momento en que está pensando en abrir unha empresa ata acadar o máximo rendemento posible dese proxecto. Somos necesarios para que as empresas den o 100%.
-Unha recomendación para o comercio, ¿por exemplo?
-Mellor unha apreciación. Se seguimos facendo o mesmo os resultados continuarán sendo exactamente os mesmos.
yolanda villar máster coaching