O padroado dos premios San Martiño de normalización lingüística, convocados pola asociación O Brado, acaba de conceder o galardón a toda unha vida de compromiso co galego ó mestre, escritor e historiador estradense Olimpio Arca Caldas. O colectivo destacou a súa tarefa docente e literaria e, de xeito especial, a súa aposta polo teatro escolar. Olimpio Arca -na imaxe superior no ano 2001, amosando ós escolares estradenses unha aula histórica no Museo do Pobo Estradense- recollerá o seun galardón nun acto público que se celebrará no teatro Principal o vindeiro xoves 11 de novembro. A vixésima edición dos premios San Martiño premiou tamén, a nivel comarcal, a aposta polo idioma da cooperativa estradense Monte Cabalar, que emprega o galego como vehículo de comunicación interna e nas súas campañas externas. O recoñecemento no ámbito galego foi para a empresa R polo emprego do galego nun sector estratéxico. » L7