O geriátrico conta dende xullo con este novo servizo, que dispón dun total de corenta prazas para maiores de 60 anos
01 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.O pasado 2 de xullo inaugurouse oficialmente o centro de día da Residencia Nosa Señora das Dores, que xa acolle a varios usuarios.
-Levamos un mes de funcionamento e temos sete usuarios. Estamos apreciando altas paulatinas no centro de día, unhas dúas á semán.
-Un espazo do que carecía a residencia...
-A Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca e a propia residencia pedía este centro. Un centro de servizos onde os maiores están en estancias diurnas- de mañán ou tarde ou mañán e tarde- sempre atendidos por persoal profesional e especializado. Os usuarios voltan logo aos seus domicilios para xantar, merendar ou cear pero tamén poden comer na propia residencia. Atendemos a particularidade de atención de cada un dos usuarios e cada caso se atende de xeito individualizado.
-¿Contan con servizo de transporte para eles?
-Ata o momento a demanda que estamos rexistrando é de persoas que residen no casco urbán ou en zonas moi próximas polo que non se articulou un mecanismo de transporte. De todos os xeitos, no momento en que se nos presente algún caso en que sexa preciso ir a recoller o usuario se valorará a posta en marcha dun transporte específico para dito servizo. Engadir que o centro de día funciona de maneira ininterrumpida de oito da mañán a nove da noite.
-¿Que tipo de actividades se lles brindan aos maiores do centro?
-Estase traballando con moito éxito nos distintos obradoiros, fan ximnasia, pintura, disfrutan da horta ecolóxica, van ás clases de tai-chi, participan en talleres de medioambiente, fan saídas e adican algún tempo á lectura. Estamos a ver unha perfecta integración dos usuarios do centro de día co persoal da residencia. Hai unha relación social moi positiva.
-¿Antes do ingreso realízase un informe previo?
-Sempre. É preciso coñecer calquera patoloxía do futuro usuario para proporcionarlle todos os coidados que require o seu estado.
-Un servizo tan amplo, ¿será costoso?
-Teño que decir que non. Somos unha entidade sin ánimo de lucro e o servizo é asequible. Custa entre 350 e 750 euros ao mes, en función da dependencia da persoa, das horas que esté no centro e das comidas que faga. Os nosos traballadores sociais van aos domicilios para explicar todos os servizos que prestamos e na residencia temos perruquería, podoloxía...
-Proxectos inmediatos...
-Traballamos en novos equipamentos para a residencia e para o propio centro de día.