Calidade humana silledense

Concepción Vázquez Granja

DEZA

Apasada fin de semana o Concello de Silleda viviu unha noite marcada pola solidariedade e o compromiso, unha proba na que os veciños e veciñas de Silleda demostraron que ante un fin social non cabe lugar a disputas.

Un claro obxectivo, recadar fondos para poder trasladar a pequenos saharauís do campamento de refuxiados de Tindouf (Alxeria), foi o xerme deste evento. Dende o Concello, e concretamente dende o departamento de Servizos Sociais que dirixo, estabamos completamente convencidos de que poderíamos contar coa colaboración dos silledenses e acadaríamos bos resultados. Sen embargo, a participación acadada superou con creces todas as expectativas. Un total de 302 comensais reunidos para mostrar o seu apoio, numerosos donativos e colaboracións de voluntarios fixeron posible a organización e posta en marcha deste evento.

Por esta razón, quero manifestar publicamente o meu agradecemento e o dos meus compañeiros do equipo de goberno ante a dimensión desta cea solidaria. Empresas, particulares,  voluntarios  e voluntarias demostraron a calidade humana do pobo silledense.

Para eses 302 comensais e aquelas persoas desinteresadas que realizaron donativos, grazas. E como non, grazas tamén para as entidades silledenses que contribuíron dun xeito material, económico ou organizativo á divulgación deste acto.

Por todo isto, grazas a: Frigoríficos de Bandeira S. A., Transportes y Patatas Gándara Ourense, Cooperativa Hoxe, Eroski, Pastelería Dulce Deza S. A., Confitería Tábora, Disiclín S. A., Indega, Gaseosas Alonso, Codroga, Panadería Hermanos Bouzada, Panadería Luis Mella, Panadería José Mella, Restaurante O Coteliño, Bar da Fonte (Piñeiro), Bar Os Dous Lares (A Rocha), Bodegón Trujillo, Bodegón Os Toneles, Restaurante Ricardo, Bodegón Esther, Bar Restaurante María Luisa de Senra, Bar O Que Dirán, Hotel Vitorino, Cafetería Betty, Cafetería O Cruceiro, Taberna de Grava, Establecementos Xanadú, Maquinaria Soto, Pintor da Mera, Aluminios Alubrey, Nudesa, Construcións Pena Caramés, Mejuto Trans, Serinter, Farmacia Taboada Mella, Óptica Silva, Librería Pili, Chocolate, Asociación de Mulleres San Martiño de Rellas, Asociación de Mulleres de Silleda,  Asociación de Mulleres Fervenza do Castelo - Escuadro, Asociación de Mulleres Santa Isabel de Escuadro, Asociación de Mulleres de Martixe e Asociación da Tortilla de Laro.

Este agradecemento tamén o quero transmitir aos concellos de Lalín e Vila de Cruces polo apoio prestado coa presenza das edís de Servizos Sociais, Paz Pérez e Beatriz Iglesias, respectivamente. Agradecer ademais a presenza do delegado do Pobo Saharauí para Galicia, Ahmedu Mojtar, e apresidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla.

Remato esta carta cun sincero agradecemento aos veciños, veciñas, voluntarios, voluntarias e demais colaboradores que permitiron que este acto solidario superase todas as expectativas. Grazas a todos.