Mil seiscentos quilos de carne esperan ser degustados hoxe na cuarta edicióndesta festa que duplicou as reservas
26 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Despois de meses preparando esta nova edición da Festa do Xabarín, e de promocionala por Galicia e en Madrid, chega o gran día. Cerdedo dispónse a recibir a miles de visitantes e os organizadores pendentes da climatoloxía.
-Somos conscientes de que se chove vai mermar a asistencia de público pero o que sí lles aseguro aos visitantes é que temos carpas dispostas para poder xantar sin problema de ningún tipo. A praza está cuberta e o recinto para comer tamén. De todos xeitos son optimista e creo que só haberá algún orballo.
-Independentemente do tempo, o volume de reservas para xantar medrou...
-Respecto ao pasado ano podemos afirmar que se duplicou o número de reservas que se fixeron para degustar xabarín. Son 2.600 as reservas que se materializaron e onte a xente seguía chamando. É unha excelente cifra se temos en conta que é o doble do ano pasado, e estamos coa cuarta edición deste evento co que a previsión é que continúen medrando as cifras.
-Entón, ¿de cantos quilos de carne estamos a falar?
-Nesta edición se van a preparar mil seiscentos quilos de produto con castañas, con setas...
-É unha festa gastronómica na que puidemos comprobar a colaboración coa que contan por parte dos cazadores, hostaleiros...
-A festa do xabarín de Cerdedo é distinta, vólcase todo o pobo na organización da mesma. Os cazadores son os que aportan as pezas -que logo van ser consumidas na festa-, os hostaleiros se encargan da elaboración e tamén estiveron con nós nas distintas presentacións da festa que fixemos en Fitur e na Deputación de Pontevedra pero as axudas non rematan aquí. Os empregados do Concello traballan arreo neste evento no que os veciños son unha parte moi importante ao igual que os membros de Protección Civil. Aquí os veciños ceden as súas fincas para que poidan ser usadas como aparcadoiros, veñen a limpar a carne, a pelar patacas. O que faga falla.
-Vamos, que deron coa festa que os veciños querían...
-Penso que un alcalde debe ir por diante dos desexos dos veciños. Pensei que esta festa podería ser interesante e nela nos fomos volcando. O importante era escoller un produto de aquí, cuestión coa creo que acertei, pero onde había que apostar tamén pola promoción do municipio. Cerdedo é terra de xentes agarimeiras onde se pode disfrutar da natureza, das calzadas romanas e respirar aire puro. Contamos con moitos produtos de excelente calidade.
-Que se poderán mercar en ExpoCerdedo...
-Os visitantes que vaian ata o pabellón atoparán vinchas, tarta de castaña e moitos outros doces que se elaboran nestas terras, galiña ao sal, queixos, viños de distintas denominacións de orixe e aceites de Jaén. Para os nenos teremos talleres e se o día acompaña faranse voos en parapente.