Florentino Cacheda, xerente da empresa que leva o seu nome, sempre di que el non é de queixarse.
-¿Que se pode facer para saír desta?
-O sector téxtil leva sufrindo moito, levamos xa catro ou cinco anos coa crise. Antes comprábase en Europa e agora a xente merca en china ou en Madagascar. O mercado cambiou e o téxtil foise adaptando a esas novas circunstancias e niso seguimos. Un vai deixando gastos, pero seguimos aí e continuamos facendo cousas.
-¿Abriron dúas oulets?
-Hai tres semanas abrimos unha no novo centro de oulets de Tui e esta semana unha no centro comercial de Narón. Tratamos de seguir medrando pouquiño a pouquiño, paso a paso.
-¿Son suficientes as axudas da Administración?
-As axudas son un complemento, o importante é devolver a confianza ao mercado e que os políticos gasten con mesura e ben os nosos recursos. O primeiro que debían facer é baixarse o soldo. É un problema de confianza, non nos sentimos ben administrados. Antes falaban de economía catro, e agora falamos todos. O nivel de desemprego é moi grande e hoxe perdes o traballo e quédaste sen nada. Hoxe escoitei que en España a cantidade de desempregados é máis grande que en Estados Unidos. Iso é unha barbaridade. Lalín non é una excepción na situación do resto. Pásanos o mesmo que a todos. Pero hai que seguir tirando para adiante e facendo o que se poida.