«A canción tradicional galega é un bo material para aprender a lingua»

C. P.

DEZA

16 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A directora do Conservatorio Histórico de Santiago, Esther Sobral Fernández, é profesora superior de piano, de Pedagoxía, de Iniciación e de Linguaxe musical. O vindeiro día 18 vai impartir a segunda edición dun curso intensivo de educación musical para profesores de primaria sobre Cantar na nosa lingua, organizado por la Ucetag (Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia), en colaboración co centro musical e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-¿Cal é o obxectivo deste curso?

-O propósito é proporcionarlles materiais aos profesores e algunhas pautas para utilizalo e para transferilo a outras actividades da aula que non son musicais unicamente, porque as cancións tradicionais son un bo material para aprender calquera idioma, e neste caso a lingua galega.

-¿Con que cancións traballarán?

-Coas populares e tradicionais adaptadas para pequenos de 4 a 9 anos, sobre todo certos contidos pouco adecuados para eles. Polo xeral conteñen expresións e refráns moi didácticos. Tamén imos traballar con cancións orixinais compostas por min.

-¿A educación musical en galego adoece de matereial abondo?

-Non hai moito. Por iso asisten profesores sen recibir a cambio créditos ou puntos. Sorpréndense de que con estas cancións se poida traballar cos números. E montamos pequenas coreografías e representacións teatrais, actividades moi lúdicas.