«Hai que ter moi en conta que un libro é un medio e non un fin»

C. P.

DEZA

A editorial Galaxia presentó o venres en Santiago os cinco primeiros títulos da renovada colección Tartaruga, que reaparece á volta de vinte anos para ser, se non unha revelación como hai dúas décadas, si unha achega importante como material para pais e educadores no campo da literatura oral para os que aínda non len. O profesor e escritor estradense David Otero, pioneiro na producción escrita en galego para nenos, é o autor do único conto desta entrega, Por se che pasa .

-É unha historia para ir construíndo. ¿Cal é o xogo cos pequenos?

-É un conto que os nenos e nenas teñen que ir completando con palabras. Teñen varias opcións de nomes propios e sobre todo de topónimos para escoller a que máis lles gusta. O xogo está na oralidade, dun exercicio lúdico de pensamento e de comprensión, unha vía para potenciar habilidades para que cheguen as competencias. Hai que ter en conta que un libro é un medio, non un fin.

-¿En realidade son libros para os pais, para os mestres, non?

-Están pensados para as galescolas, e dende logo serven para os pais, porque están pensados para mediar, para ler en grupo nos que funciona a oralidade. Contar é unha maneira de ler, de crear emocións e sensacións como as que o lector debe atopar nun libro.

-¿A colección repetira éxito?

-Creo que si, porque se agora non representan a novidade que foron fai vinte anos, os contidos son válidos e a edición é moito mellor. Penso que ademais vai incorporar textos orixinais de autores novos.