«Se gaña o Madrid, véndense máis xornais, se perde, véndense menos»

DEZA

22 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Desde fai anos Margarita Val rexenta en Agolada Marfi, una libraría na que ofrece unha gran variedade de productos vencellados á papelería e á libraría.

-Qué poden atopar os clientes cando entran en Marfi?

-Pois todo tipo de produtos de papelería, prensa, revistas, algúns agasallos e tamén gominolas.

-Durante os meses de verán cal é o forte?

-Pois prensa vimos tendo todo o ano, pero en agosto quizáis algo máis. Despois na época de curso xa o máis se vende son os libros de texto, despois durante o resto do inverno séguese consumindo papelería, pero xa non co furor do mes de setembro. Por exemplo agora xa estamos metidos na campaña de volta á escola. Os pais xa levan días reservando libros de texto para ter todo o material para a escola.

-Nos meses de verán, en Agolada, repercuten nas vendas os visitantes que se achegan pola vila?

-Sí se nota, sobre todo en canto á venta de prensa. Aínda que á hora de vender xornais tamén depende do día. Os sábados e domingos véndense máis xornais de información xeral, e os luns teñen máis saida os adicados aos deportes. Por exemplo se hai Liga, os luns aumentan as vendas, e se gana o Real Madrid véndese máis, se perde, véndese menos.

-Entón cando remata un campionato as vendas teñen que dispararse...

-Pois sí, ¡pero tamén depende do campionato!.