NÚMERO 3 DO PPS DE SILLEDA
14 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.¿Quen son? Nacín en Silleda e teño 26 anos. Son enxeñeira técnica industrial (especialidade en química industrial) e licenciada en química coa especialidade en química ambiental. Actualmente estou a traballar en Madrid como enxeñeira industrial encargándome da xestión de licencias ambientais, autorizacións de vertido de augas, estudios ambientais vinculados o planeamento urbanístico, etc. Tiven que buscarme a vida fora de Galicia posto que non é doado atopar traballo sen experiencia. Pero, a miña intención é volver a miña terra, e traballar do que a min me gusta. Nas horas libres adícome a facer sendeirismo, disfrutar da compañía dos meus amigos, saír, etc. Tamén me gusta nadar, xogar o fútbol (xoguei no equipo feminino de Silleda de fútbol-sala ata a temporada pasada), escoitar música, bailar, etc. ¿Por que estou en política? É o primeiro ano que formo parte dun partido político. José Manuel Fidalgo propúxome formar parte do seu equipo e aquí estou. A miña intención é participar no seu proxecto, porque é preciso renovar e cambiar a política do noso concello. Pero, para iso, é necesario traballar sempre polo beneficio de todos e non só polo interese do partido, nin de particulares. Hai tres asuntos que me preocupan especialmente: a situación dos mozos que deben emigrar en busca dun traballo digno; a pouca preocupación polo medio ambiente e falta de información acerca dos beneficios de empregar enerxías renovables; e a situación económica do concello.