Héctor Antelo abandoa o C.D. Lalín, e Iago deixa o Estradense

La Voz LA VOZ | LALÍN/A ESTRADA

DEZA

?osé Manuel Alonso Acevedo conta desde o pasado xoves noite cun xogador menos no seu plantel. Héctor Antelo, fillo do coordinador deportivo do club, despedíuse a finais da pasada semana dos seus compañeiros tras recibir a baixa a petición propia. Unha decisión que, explicou Acevedo, obedeceu á falta de minutos cos que contaba o xoven centrocampista. Fichado no mercado de inverno a petición de Gelucho, Antelo chegou ao Cortizo procedente do Betanzos. Operación posible gracias a que o futbolista non xogara sequera cinco partidos co seu anterior equipo na presente Liga. O que tamén se despedíu o domingo dos seus compañeiros, neste caso logo de desputar o seu derradeiro partido co Estradense en 6 anos, foi Iago González. Unha vez amarrada a meta da permanencia, o mediocentro cumpríu cos seus plans de traslado a Valladolid, onde xa vivía a súa moza e onde se puxo a traballar esta mesma semana. Iago descartou retornar ao equipo a vindeira tempada.