O Seven Internacional Lalín Cup contará coa selección galega

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

24 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? Seven Internacional Lalin Cup pegará nun só ano un salto cualitativo que á meirande parte dos torneos lles levaría numerosas edicións. Logo de confirmar a comezos de mes a presencia do Sant Boi, vixente campión de España, a Fundación Deporte en Lalín vén de anunciar na súa páxina web a participación na cita dezá da selección galega de seven. Coa case segura inscrición do Oeiras portugués, o Seven Internacional Lalin Cup completará o seu cartel cun cuarto equipo nacional ou estranxeiro e o conxunto local, o Ibaser. Unha participación que traerá ao Manuel Ángel Cortizo o 30 de xuño unha escolma do mellor rugbi a sete que na actualidade se pode ver en España. Desde a Fundación vense de adiantar ademais sendas novidades nos outros dous torneos que comparten a denominación Lalín Cup. Balonmán e fútbol Así, fíxose público que os cadros de competición benxamín e alevín do Lalín Balonmán Cup de Balonmán desputaránse o 9 de xuño, na pista de goma do Pavillón Municipal, a partir das 10 horas con participación do C.B. Lalín e do C.B. Deza; e que o Teucro de Pontevedra e o Octavio de Vigo inscribiron os seus equipos benxamín, alevín, infantil e cadete no torneo. Ademais, o Lalín Cup de Fútbol celebraráse o 20 de maio no Manuel Ángel Cortizo, variando a súa modalidade, pasando de balompé a 5 a 7.