Os de Tabeirós encadean dúas goleadas ante Caselas e Barbadás As protestas dos xogadores e a actuación arbitral desluciron o partido do pasado domingo
09 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.O Estradense atópase «nun momento óptimo», ao entender do seu técnico, Suso Moure. Os de Tabeirós golearon o pasado domingo ao Barbadás nun encontro tan só deslucido pola dinámica de protestas que alterou a segunda metade do encontro. O 4-2 que o Estradense lle endosou ao conxunto visitante serviu, ademáis de para sumar os 3 puntos en xogo, para resarcir o 5-0 co que o Barbadás despedira aos de Moure na xornada 12 da primeira metade da Liga. A primeira metade do encontro do domingo descubriu a un Estradense compacto e inspirado que deixou sentenciado o encontro cun 3-0 co que se chegou ao descanso. A efectividade dos de Moure nos 45 primeiros minutos estivo acompañada dun efectivo traballo en defensa, e da falla de oportunidades para o conxunto visitante. Segundo indicou Moure, o 3-0 da primeira metade provocou as protestas visitantes que acabaron enervando o ánimo do colexiado, que expulsou con vermella directa a Guillermo, o técnico do Barbadás, e que encamiñou o encontro a unha dinámica de continuas faltas e tarxetas, boa parte das cales foron «inexistentes», remachou Moure. O técnico descoñecía onte ata qué punto poderán afectar ao Estradense as cartulinas do domingo, posto que as seis amarelas amosadas a xogadores estradenses poderían apartar a algúns futbolistas da convocatoria para a vindeira fin de semana, na que o Estradense visitará o campo do Arenteiro. O adestrador compostelá do Estradense amósase «super contento» co traballo que está a desenvolver o seu equipo, que se atopa a nivel óptimo «física, táctica e técnicamente», apunta Moure. O técnico cré que o traballo levado a cabo dende o inicio da tempada dá agora os seus froitos ao comprobar «como entre todos conseguimos que o equipo esté ao mellor nivel posible, e comprendendo o traballo do adestrador». A falla de sete xornadas para o remate da Liga, o Estradense é sétimo a un punto do Barbadás, que ten 48. Os de Tabeirós están a 7 puntos do último equipo que xogará polo ascenso.