«A persoa con discapacidade precisa de máis autonomía»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

Entrevista | Ana López Dezaséis persoas voltarán aos talleres pre-laborais da Confederación de Minusválidos, xa se están a prantexar saídas e mesmo se pensa en retomar as actividades das escolas de pais

16 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Para a responsable de Cogami na zona o pasado exercicio foi positivo. -Sempre que se realizan actividades cos rapaces e se lles brindan saídas das que disfrutan plenamente creo que se pode facer unha avaliación positiva. Ben é certo que temos carencias e moitas peticións que iremos formulando ao longo dos vindeiros meses, coa intención de que se nos solucionen algunhas das nosas necesidades. -¿Cantas consultas rexistraron no pasado ano? -Creo que foron unhas setentas consultas, contando todas as zonas que coordino: Deza, Tabeirós-Montes, Boqueixón e Vedra. As preguntas son de diversa índole. -¿Algunha variación sobresaínte no programa deste exercicio? -En principio queremos continuar cos talleres pre-laborais, pór en marcha unhas clases de informática, retomar o funcionamento das escolas de pais que creo que son moi interesantes, e logo facer saídas e excursións cos rapaces que tamén teñen que contar cun tempo para o lecer e o divertimento. -¿A inserción laboral das persoas con discapacidade segue a ser unha asinatura pendente? -Non é fácil que unha persoa cunha determinada discapacidade atope traballo pero é preciso salientar que tivemos tres mozos, que logo de participar nun curso formativo, accederon a un posto de traballo. Non todos están cualificados para desempeñar unha determinada actividade, e por iso cando chegan a nós evaluamos as súas capacidades e vemos se poden pasar a desenrolar unha actividade formativa ou non. -¿Cales son as necesidades máis importantes da confederación? -Eliminar as barreiras arquitectónicas, contar con locais axeitados onde poder realizar as nosas actividades... A persoa con discapacidade precisa de máis autonomía pero non a posúe, as barreiras non llo permiten e precisa de que lle axuden para infinidade de cuestións. Ogallá que os partidos políticos inclúan nos seus programas un apartado adicado á discapacidade. Canta máis autonomía menos carga para a sociedade xa que unha persoa con discapacidade non necesitaría axudas estatais de ningún tipo. -Os locais están en mal estado... -Pódese traballar neles, pero carecemos de aulas para informática, cálculo... En Medelo temos o terreo cedido polo Concello de Silleda pero falta a obra.