García Eiras volta mañá da última concentración de España

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

A xogadora de rugbi lalinense Rocío García Eiras remata mañá unha nova concentración coa selección española en Logroño. A deportista estivo novamente convocada co combinado nacional na primeira concentración da selección tralo Mundial de Canadá, no que España rematou no noveno posto da táboa. Rocío García Eiras segue entrando nos plans da selección, que estrea a Roberto Bourdet como técnico. A xogadora do ARVO Ourense foi unha das 37 deportistas convocadas para preparar os próximos compromisos do combinado español.