Dous dos 20 establecementos do concurso de cociña son de Deza

La Voz

DEZA

?n total de vinte establecementos de turismo rural de Galicia participarán na segunda edición do concurso de cociña sobre a Despensa Tradicional que terá lugar dentro de Turiport. Oito aloxamentos son de A Coruña; sete, de Lugo; tres, de Pontevedra; e dous, de Ourense. Da comarca dezana concurren dous: Pazo de Bendoiro (Lalín) e Pazo de Eidián (Agolada). Os restauradores estarán distribuidos nas xornadas dos días 19 e 20 de outubro. Haberá premios para os tres primeiros clasificados que consistirán nun viaxe profesional a París; unha estancia en Pousadas de Portugal e outra nun restaurante galego punteiro.