Cerdedo prepara a Semana Cultural e Deportiva

pamela m.??|??a estrada

DEZA

MIGUEL SOUTO

A PENÚLTIMA

14 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? vindeiro sábado, día 22 de xullo, iniciase a Semana Cultural e Deportiva de Cerdedo. A primeira xornada comezará coa inauguración da exposición de pintura de Luís Iglesias Díz e pola tarde terá lugar a Festa da Bicicleta, dirixida a todas as idades. O luns 24 celebrarase a Festa da Auga, que dará paso ás 19.00 horas ao cuarto campionato de ping pong xuvenil. O mércores, os nenos de tódalas idades poderán pasar a mañá entretidos nun taller de manualidades que se levará a cabo na Casa da Cultura ou ben na fase final do campionato de ping pong xuvenil. O xoves 27 abrirase de novo a Casa da Cultura para que todos os nenos interesados sigan participando no taller de manualidades. Ás 18.00 horas haberá un torneo de puntos nas porterías do pavillón polideportivo e ás 19.30 horas a Praza do Concello será o escenario da actuación do paiaso Popin Show. Pola noite, o grupo Brañas Folk dará un concerto na Praza da Igrexa ás 22.00 horas. Festas Na xornada do venres, e coincidindo coas festas na honra do Ecce Homo e da Virxe das Dores, as actividades comezarán ás 17.00 horas con xogos populares ao lado do polideportivo e ás 19.00 horas celebrarase un torneo de fútbol sala por parellas. Media hora máis tarde Xacobe Pérez poñerá en escea, na Praza da Igrexa, unha actuación humorística. O sábado 29 celebrarase, ás 18.00 horas, un torneo de fútbol sala cadete entre catro equipos: Selección de Pontevedra, Cotobade, Forcarei-Soutelo e o Cerdedo FS. O domingo, día 30, poñerá fin á Semana Cultural o xa tradicional acto do viño que se fará na Praza do Concello. Alí participarán a banda de gaitas Os Chaneiros de Marín e a banda de música Xuvenil de Barro. Pola tarde, xogaranse no polideportivo partidos de fútbol sala entre solteiros e casados.