Alberto Taboada remata no posto 16 e Alba Rubial no 23 nas probas de 100 costas no Español

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

A segunda xornada de competición do Campionato de España de Natación de categoría Absoluta que se desputa estes días en Almería contou coa participación de dous nadadores dezanos. Alberto Taboada, que nada co Pabellón Orense, competiu na proba de 100 metros costas, na que rematou no posto 16 (de 53 nadadores). Taboada fixo un tempo de 1:00.45. A outra participante dezana no campionato español foi Alba Rubial. A nadadora do Club Natación Lalín tomou parte na proba de 100 metros costas feminino, na que rematou no posto 23 (participaron 27 nadadoras). A actuación de Rubial é salientable tendo en conta que competiu en categoría Absoluta, unha idade que non lle corresponde, e que a obrigou a competir con nadadores máis veteranos. Alba Rubial acadou o pase para o campionato hai dúas semanas no Galego celebrado en Pontevedra, no que se proclamou campiona galega na proba de 100 mestros costas. Mañá será o turno de Mónica Trujillo, do C.N. Lalín, que nadará os 200 metros bolboreta.